lunes, 18 de junio de 2018

"Foto finish"
Grazas a tod@s @s asistentes do curso "Mobiliario en cartón"!!!durante o segundo cuatrimestre na NORMAL -Espazo de intervención cultural da Universidade da Coruña





domingo, 29 de abril de 2018

CURSO DE DESEÑO DE MOBILIARIO EN CARTÓN -Espazo de Intervención Cultural da Universidade da Coruña UDC NORMAL- 2º cuatrimestre

Durante o segundo cuatrimestre, se está a impartir na NORMAL. Espazo de Intervención Cultural da Universidade da Coruña, o curso de DESEÑO DE MOBILIARIO EN CARTÓN.


http://istoenormal.org/gl/novas/mobiliario-en-carton









viernes, 12 de agosto de 2016

DESEÑO DE LÁMPADAS CON material reutilizado - Precicla no Concello de Trabada Lugo na "Semana ociocultural da ASOCIACIÓN CULTURAL O PICATO"

As rapazas de Pecicla estiveron este mécores no Concello de Trabada (Lugo), dentro da "Semana ociocultural da ASOCIACIÓN CULTURAL O PICATO" impartindo o taller para a concienciación dos mais pequenos respecto ao residuo e o aforro de enerxía, cu ntaller de construcción de lápadas con material de refugallo. GRAZAS A TÓDOLOS ASISTENTES E Á ASOCIACIÓN CULTURAL O PICATO POR CONFIAR EN PRECICLA!!

miércoles, 3 de agosto de 2016

29 Xullo 2016 "OBRADOIRO GRATUITO DE CADEIRAS DE CARTÓN" - impartido por PRECICLA para Nocturnia, programa de ocio xuvenil - Concello da Coruña

Este pasado venres 29 de xullo PRECICLA estivo de novo en Nocturnia Coruña,
GRAZAS!! a todos os asistentes por vir ao "OBRADOIRO GRATUITO DE CADEIRAS DE CARTÓN"...a verdade é que nos botamos unhas risas e foi moi produtivo ( como podedes ver na foto)!!!





martes, 5 de julio de 2016

"Xoga e aprende con Enerxía".- PROGRAMA DE CONCICIACIÓN DE VERÁN DO CONCELLO DE SANTIAGO .

O pasado 29 de Xuño, PRECICLA estivo no CEIP de Fontiñas, impartindo a xornada "Xoga e aprende con Enerxía".- PROGRAMA DE CONCICIACIÓN DE VERÁN DO CONCELLO DE SANTIAGO .
Xornadas para de concienciación respecto ao consumo enerxético dirixida aos máis pequenos da casa.


lunes, 13 de junio de 2016

Os programas de conciliación de verán terán talleres "Xoga e aprende con enerxía!"

http://santiagodecompostela.gal/hoxe/nova.php?id_nova=14684


Grazas unha vez máis ao Concello de Santiago por Confiar en nós -Precicla-.
Grazas por apostar pola concienciación da cidadanía na necesidade de mellorar xestión enerxética nos nosos fogares e a optimización dos recursos de que dispoñemos.
Grazas tamén ao Consorcio, a Sargadelos e ao programoa EFFESUS (EFFESUS is a research project investigating the energy efficiency of European historic urban districts and developing technologies and systems for its improvement)
EDUCACIÓN E CIDADANÍA

Os programas de conciliación de verán terán talleres "Xoga e aprende con enerxía!"



Ampliar Os participantes no taller.


Ampliar Un momento da sesión didáctica.
11/06/2016 Este sábado realizouse o cuarto taller Xoga e aprende con enerxía! a cargo de Marta Gómez, arquitecta experta en enerxía da arquitectura. Este ciclo de obradoiros está dirixido a nenos/as entre os 9 e 12 anos, que a través de divertidos xogos aprenden a aforrar enerxía e a concienciarse na mellora dos espazos nos que habitan.
Os obradoiros están pensados para crear novos hábitos de consumo de enerxía e outros recursos de maneira responsable, aprendendo a favorecer o confort nas vivendas, coñecer os materiais cos que foi construída ou rehabilitada a vivenda na cidade histórica. Todo isto dun xeito lúdico, ameno e divertido.

Para asistir ao último dos talleres, previsto para o sábado 18 de xuño, debe reservarse praza no Departamento de Educación e Cidadanía do Concello de Santiago: dpteducacion@santiagodecompostela.gal ou nos teléfonos 981 554 400/401.

Antes do taller deste sábado, o concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios, tivo ocasión de conversar con técnicos do Departamento de Educación, do Consorcio e do colectivo Precicla! (arquitectas que actúan como monitoras nos talleres) sobre a organización de novas propostas que permitan seguir traballando en torno a estes conceptos de consumo responsable para o alumnado de Santiago. En concreto, decidiuse que nos programas de conciliación familiar previstos para este verán tamén se desenvolvan estes talleres. Ademais, está previsa unha publicación que poida ser distribuida entre as familias e nos propios centros de ensino.

Estes talleres didácticos súmanse aos que vén celebrando o Consorcio de Santiago baixo o título Rehabilita con enerxía!, tamén na Galería Sargadelos. Neles, os cidadáns poden aprender a mellorar a xestión enerxética nas súas vivendas. Esta iniciativa enmárcase no programa europeo EFFESUS -Eficiencia enerxética para a sostibilidade dos centros históricos europeos.

lunes, 30 de mayo de 2016

Moitas grazas á Concellaría de Educación do Concello de Santiago por este artigo que explica moi ben como estamos a traballar no ciclo de talelres participativos " Compostela Rebabilita con Enerxía"



DUCACIÓN E CIDADANÍA


Segundo taller "Xoga e aprende con enerxía!"

Os participantes no taller.
Ampliar Os participantes no taller.

Un momento da sesión didáctica.
Ampliar Un momento da sesión didáctica.

O arquitecto Dennis Rodwell sumouse ao taller.
Ampliar O arquitecto Dennis Rodwell sumouse ao taller.

Cartel alusivo aos obradoiros.
Ampliar Cartel alusivo aos obradoiros.
28/05/2016 Este sábado realizouse o segundo taller Xoga e aprende con enerxía! a cargo de Marta Gómez, arquitecta experta en enerxía da arquitectura. Este taller está dirixido a nenos/as entre os 9 e 12 anos, que a través de divertidos xogos aprenden a aforrar enerxía e a concienciarse na mellora dos espazos nos que habitan de xeito cotiá. O concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios, visitou o obradoiro a última hora da mañá.
Foi o segundo dos cinco talleres didácticos programados os sábados para grupos reducidos, sen superar os 20 participantes, nos que o colectivo Precicla, integrado por profesionais da arquitectura e expertos en enerxía da arquitectura, imparten unha serie de contidos, asi como xogos e outro tipo de actividades co obxectivo de promover cambios de hábitos no comportamento do alumnado. Ao longo destas horas danse a coñecer as múltiples posibilidades de aforro enerxético, tipos de equipos, instalaciónns e electrodomésticos máis eficientes, así como outros conceptos de consumo consciente e responsable.

Na sesión desta mañá contouse coa asistencia ás actividades de Jay Stuart, arquitecto irlandés especializado en xestión enerxética e sostibilidade urbana, así como Dennis Rodwell, arquitecto británico, consultor internacional e experto en plans de xestión de cidades Patrimonio da Humanidade. Ambos son socios do Consorcio de Santiago no proxecto europeo de investigación EFFESUS (Eficiencia Enerxética para a sostibilidade das cidades históricas en Europa).

Asistencia 
Polo interese destas actividades na sensibilización dos escolares composteláns arredor dun consumo enerxético máis sustentable, o Departamento de Educación e Cidadanía seguirá o próximo luns a manter contactos con colectivos da cidade e coa rede de centros educativos de Santiago para acoller as peticións de participación nestes talleres didácticos.

Para asistir a estes talleres, que se realizarán tamén os sábados 4, 11 e 18 de xuño, deberá reservarse praza no Departamento de Educación e Cidadanía do Concello de Santiago: dpteducacion@santiagodecompostela.gal ou nos teléfonos 981 554 400/401

Baixo o lema Rehabilita con enerxía!, o Consorcio de Santiago celebra, no primeiro andar da Galería Sargadelos, varios talleres participativos para que os cidadáns melloren a xestión enerxética nas súas vivendas. Esta iniciativa enmárcase no programa europeo EFFESUS -Eficiencia enerxética para a sostibilidade dos centros históricos europeos.



 Moitas grazas á Concellaría de Educación do Concello de Santiago por este artigo que explica moi ben como estamos a traballar no ciclo de talelres participativos " Compostela Rebabilita con Enerxía"



lunes, 23 de mayo de 2016

Mañá estaremos na galería Sargadelos a partir das 18:00 co Taller didáctico: Xoga e aprende con enerxía!

http://www.consorciodesantiago.org/gl/novas/talleres-para-que-os-cidadans-melloren-xestion-da-enerxia-nas-suas-vivendas

Talleres para que os cidadáns melloren a xestión da enerxía nas súas vivendas



mércores, 18 Maio, 2016
O Consorcio de Santiago vai celebrar varios talleres da enerxía dirixidos aos cidadáns, en colaboración coa Concellaría de Educación e Cidadanía do Concello de Santiago. Esta iniciativa enmárcase no programa europeo EFFESUS -Eficiencia enerxética para a sostibilidade dos centros históricos europeos-. O Consorcio é un dos 23 socios deste proxecto, xunto con institucións, axencias de investigación, universidades e empresas de toda Europa.
Baixo o lema Rehabilita con enerxía!, organizarase o Laboratorio Urbano da Enerxía e Taller Participativo Cidadán, unha idea do Consorcio que conta co apoio da Concellería de Educación do Concello de Santiago. Estas xornadas diríxense a calquera cidadán con interese pola rehabilitación urbana, a eficiencia enerxética e a loita contra o cambio climático, en particular aos que habitan edificios ou vivendas con recoñecido valor dende o punto de vista do patrimonio histórico, ou mesmo contruídas antes do ano 1945, aínda que a participación está aberta a todos. “Búscase así a implicación dos habitantes da cidade que se sentan comprometidos e preocupados coa xestión intelixente da enerxía nas súas vivendas, con especial atención ao ámbito da cidade histórica de Santiago” -sinala Ángel Panero, arquitecto e responsable científico do proxecto EFFESUS no Consorcio de Santiago-.

As consultas dos cidadáns


No marco desta iniciativa vanse desenvolver varias actividades. Por un lado, os cidadáns poderán realizar de balde calquera consulta sobre a eficiencia enerxética das súas vivendas ou edificios na planta baixa da sede do Consorcio de Santiago (Rúa do Vilar, 59) o martes 24, o mércores 25 e o venres 27 de maio; en horario de 13:00 a 14:00 e de 16:15 a 17:15 horas. As consultas serán atendidas por expertos en eficiencia enerxética e rehabilitación. É imprescindible solicitar cita previa, chamando ao teléfono 981 57 47 00 ou a través do enderezo rehabilitaconenerxia@consorciodesantiago.org.

Conferencias en Sargadelos


Por outro lado, programaranse unha serie de conferencias entre o martes 24 e o venres 27 de maio, entre as 18:15 e as 20:30 horas. Impartirannas especialistas en relación ao uso da enerxía e a eficiencia nas vivendas. Terán lugar na sede de Sargadelos, situada no número 16 da Rúa Nova. Ao final de cada xornada, os cidadáns asistentes ás conferencias poderán participar en mesas de debate cos expertos.

Todos os actos programadas dentro desta iniciativa, o contido das conferencias e as actividades dos talleres participativos, están explicitamente destinados aos cidadáns, sen necesidade de que teñan ningún coñecemento ou formación sobre as materias que se van  abordar. “O obxectivo é estimular o coñecemento, a reflexión e o intercambio de ideas entre cidadáns correntes, que son os que mellor coñecen as súas vivendas” -indican dende o Consorcio-. E, nesta liña, salientan que “o éxito das políticas de eficiencia enerxética europeas no sector da construción require de forma indispensable a implicación e compromiso dos usuarios das vivendas e habitantes dos barrios e cidades de Europa, por iso, dende o Consorcio de Santiago queremos animar a todos os composteláns a rehabilitar con enerxía”.
Documentos relacionados: 

lunes, 16 de mayo de 2016

Precicla estará impartindo talleres en "COMPOSTELA REHABILITA CON ENERXÍA! LABORATORIO URBANO DA ENERXÍA E TALLERES PARTICIPATIVOS DO CONSORCIO DE SANTIAGO

Temos o pracer de comunicar que Marta Gómez de Precicla estará impartindo os Talleres didácticos ¡Xoga e aprende con enerxía!, dentro do programa COMPOSTELA REHABILITA CON ENERXÍA! LABORATORIO URBANO DA ENERXÍA E TALLERES PARTICIPATIVOS  DO CONSORCIO DE SANTIAGO, talleres didácticos dirixidos aos cidadáns dentro do PROXECTO EFFESUS
Do 24 de maio ao 18 de xuño. 



martes, 19 de abril de 2016

Obradoiro no IES Lois Peña Novo - Reutilizacióncon refugallo informático: Bixutería

O pasado venres 1 de abril, estivemos nsa maribillosas trerras de Vilalba, no IES Lois Pena Novo cos rapaces de Informática, traballando na reutilización do residuo informático do centro.

Grazas a tod@s por vir , foi unha xornada estupemda!






domingo, 20 de marzo de 2016