lunes, 30 de mayo de 2016

Moitas grazas á Concellaría de Educación do Concello de Santiago por este artigo que explica moi ben como estamos a traballar no ciclo de talelres participativos " Compostela Rebabilita con Enerxía"



DUCACIÓN E CIDADANÍA


Segundo taller "Xoga e aprende con enerxía!"

Os participantes no taller.
Ampliar Os participantes no taller.

Un momento da sesión didáctica.
Ampliar Un momento da sesión didáctica.

O arquitecto Dennis Rodwell sumouse ao taller.
Ampliar O arquitecto Dennis Rodwell sumouse ao taller.

Cartel alusivo aos obradoiros.
Ampliar Cartel alusivo aos obradoiros.
28/05/2016 Este sábado realizouse o segundo taller Xoga e aprende con enerxía! a cargo de Marta Gómez, arquitecta experta en enerxía da arquitectura. Este taller está dirixido a nenos/as entre os 9 e 12 anos, que a través de divertidos xogos aprenden a aforrar enerxía e a concienciarse na mellora dos espazos nos que habitan de xeito cotiá. O concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios, visitou o obradoiro a última hora da mañá.
Foi o segundo dos cinco talleres didácticos programados os sábados para grupos reducidos, sen superar os 20 participantes, nos que o colectivo Precicla, integrado por profesionais da arquitectura e expertos en enerxía da arquitectura, imparten unha serie de contidos, asi como xogos e outro tipo de actividades co obxectivo de promover cambios de hábitos no comportamento do alumnado. Ao longo destas horas danse a coñecer as múltiples posibilidades de aforro enerxético, tipos de equipos, instalaciónns e electrodomésticos máis eficientes, así como outros conceptos de consumo consciente e responsable.

Na sesión desta mañá contouse coa asistencia ás actividades de Jay Stuart, arquitecto irlandés especializado en xestión enerxética e sostibilidade urbana, así como Dennis Rodwell, arquitecto británico, consultor internacional e experto en plans de xestión de cidades Patrimonio da Humanidade. Ambos son socios do Consorcio de Santiago no proxecto europeo de investigación EFFESUS (Eficiencia Enerxética para a sostibilidade das cidades históricas en Europa).

Asistencia 
Polo interese destas actividades na sensibilización dos escolares composteláns arredor dun consumo enerxético máis sustentable, o Departamento de Educación e Cidadanía seguirá o próximo luns a manter contactos con colectivos da cidade e coa rede de centros educativos de Santiago para acoller as peticións de participación nestes talleres didácticos.

Para asistir a estes talleres, que se realizarán tamén os sábados 4, 11 e 18 de xuño, deberá reservarse praza no Departamento de Educación e Cidadanía do Concello de Santiago: dpteducacion@santiagodecompostela.gal ou nos teléfonos 981 554 400/401

Baixo o lema Rehabilita con enerxía!, o Consorcio de Santiago celebra, no primeiro andar da Galería Sargadelos, varios talleres participativos para que os cidadáns melloren a xestión enerxética nas súas vivendas. Esta iniciativa enmárcase no programa europeo EFFESUS -Eficiencia enerxética para a sostibilidade dos centros históricos europeos.



 Moitas grazas á Concellaría de Educación do Concello de Santiago por este artigo que explica moi ben como estamos a traballar no ciclo de talelres participativos " Compostela Rebabilita con Enerxía"



lunes, 23 de mayo de 2016

Mañá estaremos na galería Sargadelos a partir das 18:00 co Taller didáctico: Xoga e aprende con enerxía!

http://www.consorciodesantiago.org/gl/novas/talleres-para-que-os-cidadans-melloren-xestion-da-enerxia-nas-suas-vivendas

Talleres para que os cidadáns melloren a xestión da enerxía nas súas vivendas



mércores, 18 Maio, 2016
O Consorcio de Santiago vai celebrar varios talleres da enerxía dirixidos aos cidadáns, en colaboración coa Concellaría de Educación e Cidadanía do Concello de Santiago. Esta iniciativa enmárcase no programa europeo EFFESUS -Eficiencia enerxética para a sostibilidade dos centros históricos europeos-. O Consorcio é un dos 23 socios deste proxecto, xunto con institucións, axencias de investigación, universidades e empresas de toda Europa.
Baixo o lema Rehabilita con enerxía!, organizarase o Laboratorio Urbano da Enerxía e Taller Participativo Cidadán, unha idea do Consorcio que conta co apoio da Concellería de Educación do Concello de Santiago. Estas xornadas diríxense a calquera cidadán con interese pola rehabilitación urbana, a eficiencia enerxética e a loita contra o cambio climático, en particular aos que habitan edificios ou vivendas con recoñecido valor dende o punto de vista do patrimonio histórico, ou mesmo contruídas antes do ano 1945, aínda que a participación está aberta a todos. “Búscase así a implicación dos habitantes da cidade que se sentan comprometidos e preocupados coa xestión intelixente da enerxía nas súas vivendas, con especial atención ao ámbito da cidade histórica de Santiago” -sinala Ángel Panero, arquitecto e responsable científico do proxecto EFFESUS no Consorcio de Santiago-.

As consultas dos cidadáns


No marco desta iniciativa vanse desenvolver varias actividades. Por un lado, os cidadáns poderán realizar de balde calquera consulta sobre a eficiencia enerxética das súas vivendas ou edificios na planta baixa da sede do Consorcio de Santiago (Rúa do Vilar, 59) o martes 24, o mércores 25 e o venres 27 de maio; en horario de 13:00 a 14:00 e de 16:15 a 17:15 horas. As consultas serán atendidas por expertos en eficiencia enerxética e rehabilitación. É imprescindible solicitar cita previa, chamando ao teléfono 981 57 47 00 ou a través do enderezo rehabilitaconenerxia@consorciodesantiago.org.

Conferencias en Sargadelos


Por outro lado, programaranse unha serie de conferencias entre o martes 24 e o venres 27 de maio, entre as 18:15 e as 20:30 horas. Impartirannas especialistas en relación ao uso da enerxía e a eficiencia nas vivendas. Terán lugar na sede de Sargadelos, situada no número 16 da Rúa Nova. Ao final de cada xornada, os cidadáns asistentes ás conferencias poderán participar en mesas de debate cos expertos.

Todos os actos programadas dentro desta iniciativa, o contido das conferencias e as actividades dos talleres participativos, están explicitamente destinados aos cidadáns, sen necesidade de que teñan ningún coñecemento ou formación sobre as materias que se van  abordar. “O obxectivo é estimular o coñecemento, a reflexión e o intercambio de ideas entre cidadáns correntes, que son os que mellor coñecen as súas vivendas” -indican dende o Consorcio-. E, nesta liña, salientan que “o éxito das políticas de eficiencia enerxética europeas no sector da construción require de forma indispensable a implicación e compromiso dos usuarios das vivendas e habitantes dos barrios e cidades de Europa, por iso, dende o Consorcio de Santiago queremos animar a todos os composteláns a rehabilitar con enerxía”.
Documentos relacionados: 

lunes, 16 de mayo de 2016

Precicla estará impartindo talleres en "COMPOSTELA REHABILITA CON ENERXÍA! LABORATORIO URBANO DA ENERXÍA E TALLERES PARTICIPATIVOS DO CONSORCIO DE SANTIAGO

Temos o pracer de comunicar que Marta Gómez de Precicla estará impartindo os Talleres didácticos ¡Xoga e aprende con enerxía!, dentro do programa COMPOSTELA REHABILITA CON ENERXÍA! LABORATORIO URBANO DA ENERXÍA E TALLERES PARTICIPATIVOS  DO CONSORCIO DE SANTIAGO, talleres didácticos dirixidos aos cidadáns dentro do PROXECTO EFFESUS
Do 24 de maio ao 18 de xuño.